Para a posta en marcha do Co-Lab entendeuse imprescindible realizar un mapeado e unha investigación previa co obxectivo principal de recoller información, experiencias e críticas que axudaran a construír o Obradoido de definición e o propio Co-Lab.
Para elo, fíxose un primeiro mapeado do reto que temos por diante, así como dos axentes locais que entendíamos deberían estar involucrados. A partir deste mapeado, realizáronse unha serie de entrevistas a axentes locais de cinco grandes áreas temáticas (sector público e gobernanza, fundacións e asociacionismo, ámbito tecnolóxico, sector creativo e mundo académico). Complementariamente, entrevistouse a algunhas persoas vencelladas a diferentes proxectos que podían aportar a súa experiencia e coñecementos. Co transcurso da investigación fóronse engadindo as aportacións feitas e modificando parte do deseño do Obradoiro, entendendo a validez e relevancia do recollido. Ademais, enténdese que esta investigación pode servir tamén para o futuro do Co-Lab a modo de repositorio inicial.
Neste espazo resúmese polo tanto toda a información extraída das entrevistas.