Este módulo para a plataforma de software ERP Odoo pretende extender as funcionalidades deste para adaptarse a unha empresa que dispoña dun Servizo de Atención Técnica (SAT) e facilitar o rexistro das súas intervencións sobre un ou varios Equipos relacionados cos seus Clientes e a consulta do histórico das mesmas.
Para a posta en marcha deste módulo precisase instalar a plataforma de software Odoo, recomendo a versión base da OCA (Odoo Community Association) dispoñible no seguinte enlace: OCB
Podese instalar todo o necesario por un dos seguintes métodos:
1. Instalación automatizada: Para facilitar a súa instalación ofrezo un repositorio para o despregue de Odoo cun script para a automatización da descarga, instalación e parametrización do servizo de Odoo baseado na version OCB. O script é para o despregue nun entorno GNU/Linux
, en concreto Debian 10
.
O punto de montaxe para a descarga deste repositorio que está configurado no script é /var/odoo/
.
Para descar o repositorio debería empregarse o programa de terminal git
coa seguinte instrucción:
git clone --recurse-submodules https://gitlab.iessanclemente.net/a18franciscogc/odoo /var/odoo/
Así descargarase o reposistorio principal e os submodulos asociados incluíndo o OCB no lugar apropiado. Unha vez finalizada a descarga é recomendable modificar o contido do script /var/odoo/cfg-odoo/odoo_install_d10.sh
para unha parametrización máis adecuada ó escenario concreto da instalación.
2. Instalación manual: Se non se quixese facer uso deste repositorio GIT para a posta a punto dos requisitos necesarios para por en marcha xestiónSAT recomendo que sigan as instrucións da fonte oficial para a instalación de Odoo, despois do cal será necesario descargar o contido do deste repositorio nun directorio de addons accesible dende a instancia de Odoo configurada.
Opcional: Se se quixese empregar Odoo como un servizo en liña ou nunha intranet local da empresa podese facer uso do seguinte repositorio de drepregue nginx para facilitar a súa configuración. Do mesmo xeito que co repositorio para o despregue de Odoo é interesante a parametrización personalizada dos ficheiros descargados para unha mellor adaptación á causística partitular do despreguamento.
Despois de poñer en marcha Odoo por calquera dos xeitos anteriormente descritos hai que ir á sección de aplicacións e buscar o módulo de nome xestiónSAT na lista e instalalo dende ahí para (é necesario quitar calquera filtro preconfigurado por Odoo).
Con este software poderase ampliar o funcionamento do ERP Odoo para incluír as seguintes funcionalidades para o manexo do SAT dunha empresa:
- Dar de alta unha nova Incidencia
- Rexistrar unha Actuación sobre unha Incidencia dada
- Crear novas Accións para poder asignar a unha Actuación
- Crear Actuacións sen ser unha Acción rexistrada
- Dar de alta un Equipo novo
- Rexistrar/Editar/Borrar un Compoñente dun Equipo
- Cambiar o estado operacional dun Equipo rexitrado (está funcionando, reparandose, de baixa...)
- Incluír os traballos realizados no ciclo de facturación da empresa
Contacto: [email protected]
O meu nome é Fco. Javier González Campos e son técnico superior en ASI (Administración de Sistemas Informáticos) e DAM (Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma) (espero que en breve)
, tamén son membro de Inestable, a Asociación de Usuarios de GNU/Linux de Ordes (aínda que actualmente estamos sen actividade pública).
Algunhas das tecnoloxías que domino son:
- Sistemas Operativos GNU/Linux e Windows (estacións de traballo e servidores)
- Administración de redes
- Linguaxes de programacións:
Java, Python, VB.NET, C#, C/C++ e Pascal
- Sistemas Xestores de BD:
MySQL, MS SQL Server, MongoDB, PostgreSQL e Oracle
Despois de algo máis de 15 anos de experiencia na administrción e mantemento de equipos informáticos non atopei ningún software que se adaptase ó 100% ás necesidades que tiña para a documentación e o seguimento das actividades profesionais realizadas. Por ese motivo decidín iniciar este proxecto e así tentar cubrir esas demandas intentando xeneralizar o proxecto todo o posible para abarcar o mair número de sectores e calquera outro con requisitos parecidos.
Este software licenciase baixo as condicións descritas no ficheiro LICENSE.md que se incormpora na raíz desde repoisitorio. Dito ficheiro describe unha licenza GNU-AGPL da FSF (Free Software Foundation).
Os autores de xestiónSAT non se fan responsables, baixo ningunha circunstacia, de posibles danos nin indemnizacións, moral ou patrimonial; directos ou indirectos; polo uso deste software ou pola perdida, parcial ou total, da información introducida polo mencionado software. O anterior inclúe os gastos asociados á fallas de comunicación e/ou de funcionamento de equipos informáticos vinculados co depregamento preciso para o seu emprego.
Se atopaches un erro por favor acude á sección Notificando unha incidencia do ficheiro CONTRIBUTING e notificao, agradezoche toda a axuda que poidas ofrecer.
Antes de nada quero agradecerche se estás interesado en contribuír a este pequeno proxecto, no seguinte documento CONTRIBUTING están as redactadas os xeitos nos que poderías axudar, gracias.
ENLACE | DESTINO |
---|---|
FSF | Free Software Foundation |
GNU-AGPL | Licenza GNU-AGPL |
Odoo | Software ERP Odoo |
Instalación de Odoo | Documentación oficial de instalación de Odoo |
OCA | Odoo Community Association |
OCB | Repositorio do software de Odoo Community Base |
Repositorio Proxecto | Repositorio deste proxecto |
Repositorio de despregue de Odoo | Repositorio con script e ficheiros de configuración para a automatización do despregue da OCB |
Repositorio de drepregue nginx | Repositorio con script e ficheiros de configuración para o despregue dunha intranet con nginx |